1/19/2007

El halcón maltés

HAMMETT, Dashiell : El halcón maltés (Alianza editorial, 264 páxs.)

Penso que se vostedes están buscando unha novela de misterio, de intriga, de realismo descarado e de sentimentos moi fortes, este é o seu libro porque consta de todos os devanditos elementos.

Eu que, lóxicamente, lin o libro, creo que é un dos que máis me teñen gustado. ¿Por que?, porque este libro está cheo de intriga e de misterio, todo o que vostedes precisan, ou polo menos eu, para ler un libro e que resulte entretido. Ademáis, o brutal descaro, a osadía, as situacións arriscadas e imprevisibles polas que pasa, a maneira de esclarecer os feitos...de Sam Spade, danlle aínda máis suspense e emoción ó libro. Sam Spade é o protagonista, é un detective privado, e o seu romance coa señorita Brigid, todavía fai máis interesante a novela. Por se estes motivos aínda non lles parecen suficientes, os diálogos que o autor crea son extremadamente fluídos e a conclusión final á que chega Spade é totalmente correcta, e sorprende que chegue a esa conclusión a partir da información, de diferente procedencia, que é capaz de conseguir.

Por último, a incorporación de novos personaxes que o autor vai introducindo no desenvolvemento da novela, e que están metidos de cheo no asunto central, fan que aumente o interés por saber o ocurrido. Ese interese conséguese, en gran parte, debido a que as conclusións de Spade vense modificadas a medida que vai coñecendo novos datos...

En conclusión, merece a pena ler esta novela.


Diego Fonseca, 4º E.S.O. A