12/18/2007

Morning Star

O autor deste libro é Xosé Miranda, a este autor gustanlle moito as novelas de aventuras por iso esta pode ser unha novela de piratas. Comeza nunha taberna onde vivía Lourenzo cos seus pais, un día chega Lázaro Rivadulla e cambiou a vida do rapaz, morreu a nai, e o pai volveu formar parte da gavela. O neno coñece a Helena Rouco, sofren persecucións polas gavelas (banda), e aventuras. Por exemplo un día foi co seu primo Carlos de caza e chegaron a unha casa onde estabaa gavela de Tomás das Congostras, torturan o rapaz no pozo onde hai un esqueleto, e descobre que hai moitos traidores, porque un da gavela de Rivadulla tamén é da gavela de Tomás. Logo foron a saquear a casa de Helena Rouco e Lourenzo fuxiu con ela para salvala o pai intentou axudalos, pero Lázaro adiantouse e matou o pai e grazas o can Soult e puideron fuxir...

Cando chega Lázaro trae unha caixa dentro está unha carta do capitán pirata Benito Soto, capitán do barco Burla Negra, antes chamado Morning Star. Cara ao final da novela os rapaces logran ler esa carta... Se queres saber máis terás que ir á biblioteca.
Ana



O protagonista é Lourenzo un rapaz que aprende moito, ler, escribir... Enamórase de Helena Rouco despois de tantos tiros e mortes.
O máis interesante deste libro foi cando Lourenzo coñeceu a Tomás das Congostras porque é un personaxe que o axuda moito durante a novela.
Pablo


É a vida dun neno chamado Lourenzo. O pai era dono dunha taberna quen tiña un pasado escuro. Un día chega un vello coñecido chamado Lazaro Rivadulla . A nai de Lourenzo enfermou ata morrer. A taberna converteuse no acubillo da gavela ( banda) de Lazaro Rivadulla. Lourenzo uniuse á gavela e planearon un roubo a unha igrexa de Beluso. Cando chegaron á igrexa a gavela robou e matou o cura e os seus criados, tamen había unha moza chamada Helena que xa pasara pola taberna. Lourenzo rescatou e fugaronse. Durante moitos días vagaron polos camiños de galiza ata chegar a lugo e deixala con os seus parentes mentras el uniuse á gavela de Tomas das congostras. Lourenzo roboulle a Lazaro unha caixa na que había unhas cartas que falaban de un tesouro escondido...
Oscar Urrutia.


Morning Star trátase dun rapaz chamado Lourenzo Gómez, mellor dito, Lourenzo Tasende, aínda que el pensa que se chama Gómez. El vive cos seus pais nas aforas de Pontevedra na Taberna da Disputa, o bar do seu pai. Un día chega un home chamado Lázaro Rivadulla que está preguntando polo seu pai, quédase na Disputa co seu misterioso cofre. De alí a pouco morre a nai de Lourenzo e este intégrase na gavela de Lázaro co seu pai. Un día van asaltar o cura de Santa María de Beluso e Lourenzo volve ver a Helena...Gustaríache saber máis?
Andrew Smith


O mais interesante era a caixa de pau rosa que agochaba Lazaro, porque a intriga comeza no segundo capitulo, cando este chega, e non se descobre ata ben adiante.
O protagonista é un neno, aínda que con paso da novela, vaise facendo maior. Comeza contando a historia con trece anos, e remata saindo do carcere aos dezaoito, se queredes saber como transcorre ata o final teredes que lela.
O que máis me gustou foi a batalla, porque por andar a rezar colleronos por sorpresa e choveronlles balas. Otros personaxes son Soult e Ney que eran os cans de Helena, e as pegas de Tomas, que falaban e roubaban e incluso estiveron na cadea.
Eu dirialle a desmais xente que o lesem, porque é sinxelo de ler e é unha novela moi divertida
Tony


O protagonista é delgado é ten trece anos. E moi curioso e valente, no proceso da historia pasa de ser un rapaz que vivia cos seus pais nunca taberna, e os axudaba a un agavelado que roubaba o que Lazaro lle mandaba despois pasa a ser un fuxitivo e un asasino ao mesmo tempo, e despois metenno no carcere.
John

Xosé Miranda: Morning Star
Morning Star é unha novela de aventuras na que un rapaz chamado Lourenzo Tasende comeza á idade de trece anos unha serie de peripecias entre bandoleiros e roubos que o levarán a pasar os peores momentos da súa vida. Lourenzo vivía cos seus pais na taberna A Disputa, cerca de Pontevedra; traballaba alí, e a súa vida era tranquila e boa. Un día chegou á taberna un home chamado Lázaro Rivadulla, e con el viñeron todos os problemas. O título da novela fai referencia ao barco de Benito Soto (último pirata de occidente) quen abordou o “Morning Star”, no que levaba o tesouro polo que Lázaro Rivadulla e Tomás das Congostras se enfrontan na novela. O “luceiro da alba”, a súa tradución do inglés, será a unión entre mozos protagonistas, Lourenzo e Helena, xa que cada vez que o miraban recordábanse un ao outro cando tiñan que separarse.
Laura Rodríguez


A min o libro agradoume moito, aínda que tampouco non está na miña lista de predilectos, tal vez por ser un pouco curto para o meu gusto. Así e todo, é unha novela de aventuras moi interesante e entretida, que ademais ten un importante valor didáctico e histórico, pois móstralle a un a realidade da vida en tempos difíciles e aporta moitos datos sobre unha época importante da nosa historia como galegos. É un libro sinxelo de ler, mais nin de lonxe simple e que resulta verdadeiramente interesante e capaz de captar a atención do lector, deixándoo ás veces expectante e intrigado.
Adrián Barreiro