4/09/2008

El Jarama

SÁNCHEZ FERLOSIO consegue transmitir, a través desta novela, temas importantes dende unha visión obxectiva. Temas como a situación da sociedade na época na que se desenvolve a historia, ou as preocupacións individuais dos personaxes que viven nela.
O autor xoga coa simultaneidade para mostrarnos á vez diferentes grupos humanos, grupos que, ocasionalmente, tamén teñen contacto entre eles.

Pablo Barcia Gestido-4ºA

Na miña opinión é un libro que consegue reflexar a realidade con bastante perfección.

Sandra Villar Blanco-4ºA

Considero que é adecuada para nós, xa que o grupo de amigos protagonista está formado por personaxes, máis ou menos da nosa idade.

Rubén Martínez Portas-4ºA

A parte que máis me gustou do libro é a posterior ó accidente porque ocorren máis cousas e con máis rapidez. Ese acontecemento tamén supón un cambio no ambiente que rodea ós personaxes.

Raquel Rodríguez Martínez-4ºA

Para min é un libro entretido porque é facil de ler e ten momentos de tensión.Gústanme todos os personaxes do grupo de amigos -menos Meli e Daniel- xa que son agarimosos e responsables, e intentan axudar ós demáis.

Tania Bernárdez Carabelos-4ºB

Un grupo de amigos decide pasar un día de verán na beira do río Jarama. Por desgracia, un día que comenzara cheo de alegría, acaba sendo un día horrible para eles. ..Está moi ben, eu recomendo a súa lectura a pesar de que é un pouco longo.

Nerea Durán Villar-4ºA

Esta novela foi escrita por Rafael SÁNCHEZ FERLOSIO a mediados do século XX. A obra móstranos como pasan un domingo na beira do río Jarama, grupos moi diversos tanto por idade como por nivel social ou lugar de procedencia. O protagonismo colectivo móstranos, ademáis, unha crítica máis suxerida que explícita, á sociedade da época, unha sociedade que nos mostra chea de indiferencia e asoballada. O autor outorga prioridade ós diálogos na procura da máxima verosimilitude, a presencia dun narrador que funciona como unha cámara de video, contribúe a conseguir este efecto de realidade. A importancia dos diálogos tamén está relacionada co ritmo da novela xa que a historia conta dezaséis horas na vida dos personaxes, e os diálogos axudan a demorar o avance. Isto provoca que, nalgúns momentos, a lectura resulte máis pesada, pero é importantísimo avanzar ata o momento no que un acontecemento racha a monotonía, e da un novo carácter á lectura.

Sara Martínez Gutiérrez-4ºA