Existen certos momentos na novela que son bastante aburridos, pero pouco a pouco vai renacendo de novo o interese do lector.
Paréceme impresionante, e á vez imprescindible na novela, o peculiar sentido do humor de Süskind e o realismo co que se describen certas situacións como os cheiros das rúas parisinas naquela época.
Chama moito a atención que aquel rapaciño, pequeno, coitado e repudiado pola sociedade, poida chegar a facer calquera cousa por conseguir o que quere. É aquí onde podemos ver facilmente o punto ata o cal o autor xoga coa imaxinación e cos sentimentos do lector.
Susana Costas Pena 1º Bacharelato D