Pareceume un libro interesante, posto que o autor é quen de levarnos a un mundo marabilloso e fantástico a través dos seus personaxes e da descrición dos espazos.
O autor mestura espazos fantásticos, elementos fascinantes, como poden ser a espada Milmanda ou a estrela na man chamada Libredón, e personaxes que xa morreran e regresan nos recordos.
Tamén é importante a capacidade que ten para manternos en suspense ata o final. Non sabemos se se trata dun soño ou ben dunha historia que puidese ser real nun mundo imaxinario.
Abel Sousa