Para GEORGE ORWELL, autor desta novela, era unha incógnita. Como todo ser humano non podía afirmar que o mundo se desenvolvería dunha determinada maneira despóis da súa morte, ainda que tivera formulado as súas propias prediccións. No seu libro, Orwell non presentou un mundo soleado nen apacible.
Transcorre 1984, pero nen diso está seguro o protagonista, Winston Smith, traballador no Ministerio da Verdade. O mundo aparece dividido en tres Superestados: Oceanía, Eurasia e Asia Occidental. Os humanos tamén aparecen organizados en tres grandes grupos...O Partido imponse baseándose no liderazgo do Gran Irmán que todo o controla...
Orwell non escribiu a obra para narrar unha historia emocionante ou interesante senón para condenar certos comportamentos relacionados co poder, e para facernos reflexionar sobre o sucedido e o que pode chegar a suceder, xa que resulta moi preocupante o feito de que existan semellanzas entre a novela e a nosa realidade. Conseguiu mostrar o debuxo do máis terrible pesadelo enmarcado nun ano :1984. Quizás nesta crítica só haxa un erro : o ano. Esperemos, polo ben de todos, que non sexa así.
Sara Martínez Gutiérrez,4º ESO-A