1/30/2008

Rebelión en la granja

Unha boa razón para ler esta novela é a crítica que realiza a certos comportamentos da especie humana. Concretamente, fai unha crítica ó estanilismo. Por se non coñecedes o significado desta palabra, está relacionada con Rusia e unha práctica do Comunismo nese país. Dicindo isto non pretendo transmitir unha idea equivocada do libro , xa que non resulta nada complexo nen aburrido.
Para explicalo de maneira sinxela, direi que que a historia expón, dun xeito moi particular, situacións frecuentes entre os humanos como as guerras, dictaduras, desigualdades, abusos... ata tal punto que obliga a reflexionar sobre como se chegou e se chega , aínda, a eses extremos.
Nos comportamentos dos animais vemos, constantemente reflexados ós humanos. Por exemplo, os animais que se rebelan acordan sete mandamentos que lles garantizan o máis importante para eles ó comenzo da rebelión : a igualdade, pero pouco a pouco van sendo modificados , "todos os animais son iguais, pero uns máis iguais que outros"...

Sara Martínez Gutiérrez,4º ESO-A